Servizos

Do concepto ao plano de taller

Catro liñas de traballo que podes contratar por separado ou combinar nun único encargo.

Asesoramento

Apoio técnico na toma de decisións, desde a idea inicial ata a revisión dun deseño xa en marcha.

  • Estudos de viabilidade técnica
  • Selección de materiais e procesos
  • Normativa e marcado aplicable
  • Revisión e segunda opinión sobre deseños existentes

Cálculos e simulación

Validamos o comportamento do produto antes de que se fabrique a primeira peza.

  • Cálculo estrutural e mecánico
  • Análise por elementos finitos (FEM)
  • Fatiga e vida útil
  • Análise térmica e de fluídos (CFD)

Oficina técnica

Toda a documentación que o taller precisa para fabricar sen dúbidas.

  • Modelado 3D e conxuntos
  • Planos de fabricación e montaxe
  • Listas de materiais e despezamentos
  • Xestión de cambios e revisións

Infografía

Imaxe para explicar o proxecto a clientes, inversores ou equipos comerciais.

  • Renderizado fotorrealista de produto
  • Animacións de funcionamento e montaxe
  • Recreación de instalacións industriais
  • Material gráfico para catálogo e web

Traballos

Algo do que sae por aquí

Diagrama de módulo de Young fronte a densidade empregado na selección de materiais
Selección de materiaisComparación de módulo elástico e densidade para acoutar familias candidatas.
Tanques de polipropileno con nervios de reforzo nunha nave industrial
Tanques de polipropilenoDimensionamento dos nervios de reforzo fronte á presión hidrostática.
Plano de despezamento dun eixe con engrenaxes, rodamentos e lista de pezas
Plano de conxuntoDespezamento de eixe con engrenaxes, lista de pezas e cotas de fabricación.
Render interior dun dormitorio con cabeceira de madeira
Render de dormitorioIluminación natural para valorar acabados antes de fabricar.
Render dun salón con parede de pedra e butaca
Render de salónEstudo de materiais e luz sobre o modelo 3D do espazo.
Render dun dormitorio con armario de portas correderas e espello
Render de mobiliarioArmario a medida integrado na recreación completa da estancia.